Home Programas Espazo Aberto Esquerda Unida artella a súa “folla de ruta” para as municipais de 2019

Esquerda Unida artella a súa “folla de ruta” para as municipais de 2019

0
Esquerda Unida artella a súa “folla de ruta” para as municipais de 2019

Este mes de xuño cúmprese un ano da renovación da dirección nacional de Esquerda Unida, nunha Asemblea na que Eva Solla foi elixida coordinadora do partido e Rubén Pérez secretario de Organización. Pérez, voceiro da Marea de Vigo, fai balance dun ano “intenso”, do que salienta a continua aposta de EU polos proxectos de “unidade electoral”.

Para a organización de esquerdas é unha “prioridade” cumprir coa “demanda histórica” de acadar acordos “plurais e amplos”, nos se que inclúan diferentes formacións políticas para conformar un “partido instrumental” de cara ás vindeiras eleccións municipais. Neste senso, Rubén Pérez lembra a importancia de atopar un novo “marco político” que permita a “unidade” das coalicións electorais que se presenten en cada concello para, deste xeito, “dar a batalla en cada Deputación”.

Maior “implicación” de Podemos

Para o 2019, Pérez considera que o acordo asinado entre Podemos, Izquierda Unida e Equo será “moi positivo” e contará cunha “maior implicación” da formación morada. Así e todo, salienta que as marcas políticas máis consolidadas como Compostela Aberta ou Marea Atlántica manterán a súa denominación actual.