Home Programas Área Compostela Esperanzas en Raxoi ante a confirmación da data do xuízo contra a familia Franco: “Fixemos un traballo moi serio”

Esperanzas en Raxoi ante a confirmación da data do xuízo contra a familia Franco: “Fixemos un traballo moi serio”

0
Esperanzas en Raxoi ante a confirmación da data do xuízo contra a familia Franco: “Fixemos un traballo moi serio”

“Teño ganas de que chegue o xuízo”. O alcalde de Santiago amosou hoxe a súa satisfacción por contar xa cunha data para a celebración do xuízo contra os Franco para recuperar as dúas esculturas do Pórtico da Gloria.

O 1 de febreiro é o día escollido e para o rexedor compostelán o ditame final podería recuperar algo máis cas obras do Mestre Mateo. O alcalde pensa que “podería crear xurisprudencia” de cara a outros bens que conseguiu Franco e a súa familia de maneira irregular.

Remataremos no Supremo

“Temos toda a documentación”, explicou Noriega aos medios de comunicación, “fixemos un traballo previo moi serio”. O alcalde sinala que presentaron probas de que os Franco “non incorporaron a titularidade das pezas” e que o único que buscan “é que prescriba” cando para o rexedor “é imprescriptible”.

Demanda do concello

O concello de Santiago presentou a demanda xudicial solicitando a devolución das estatuas do Mestre Mateo hai un ano logo que solicitalas mediante un requerimento á familia do ditador.

“Nós defendemos os intereses da xente”, asegurou hoxe o alcalde de Santiago aos medios en relación a este tema. O propio Martiño Noriega xa calificara a estratexia da familia Franco de “dilatoria” para retrasar o xuízo que, finalmente, terá lugar en Madrid, lugar de residencia da familia do ditador