Margarita Ledo e Berta Dávila centran este duodécimo programa de Espazo Aberto. Conversamos con Ledo Andión sobre o seu novo filme Nación, ademais do cinema, da clase e o feminismo. A continuación, entramos no Universo Galaxia para abordar a obra Illa Decepción con Berta Dávila. Ambas autoras abordan os procesos de creación e os camiños de futuro que queren percorrer. Veste con nós ao Espazo Aberto?
Inicio Espazo Aberto
Espazo Aberto, semanal da cultura e lingua galegas: Margarita Ledo e Berta Dávila
Neste duodécimo programa de Espazo Aberto, conversamos con dúas autoras imprescindíbeis á hora de falarmos da creación galega