Espazo Aberto, semanal cultural: o coidado do noso vínculo coa terra e o mar

Neste noveno programa, percorremos os Ancares e mergullamos na ría de Muros-Noia

Neste noveno programa de Espazo Aberto viaxamos ata os Ancares para abordar a ordenación do territorio e a produción comunitaria de castaña. Tamén percorremos a ría de Muros-Noia para mergullarnos no proxecto Rías Sostibles que desenvolve ADEGA coa axuda da Cooperativa Cidadanía. Despois deste percorrido polo noso territorio, saltamos o río Miño para saber máis da situación sociolaboral das coidadoras informais en Portugal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -