Home Programas Área Compostela Espallar libros por Compostela. Así funciona a rede de bibliotecas populares

Espallar libros por Compostela. Así funciona a rede de bibliotecas populares

0
Espallar libros por Compostela. Así funciona a rede de bibliotecas populares

Presentámosvos a primeira Rede de Bibliotecas Populares compostelá, que comezou a principios de curso e xa ten recadados máis de 400 libros de xeito totalmente autoxestionado. Falamos con Iago Couce, un dos estudantes de 4º de Xornalismo que se están encargando de espallar a iniciativa.

Calquera póde formar parte da iniciativa, tanto cedendo libros como deixando un espazo para poñer un punto de recollida. Un xeito solidario de fomentar a lectura libre de discriminación económica que funciona baixo a filosofía de “coller un, deixar o que poidas”. Toda a información de como participar ou onde atopar estas estanterías por toda a cidade atópase na páxina web.