Home Programas Galicia Esíxenlle á Xunta os informes nos que se basea a autorización da caza do xabarín durante o estado de alarma

Esíxenlle á Xunta os informes nos que se basea a autorización da caza do xabarín durante o estado de alarma

0
Esíxenlle á Xunta os informes nos que se basea a autorización da caza do xabarín durante o estado de alarma

A Xunta autorizou a caza do xabarín en pleno estado de alarma pola crise sanitaria o que suscitou múltiples críticas entre as asociacións ecoloxistas e os grupos políticos.

“Esta é unha medida indignante deseñada soamente para contentar as Federacións de Cazadores e que as razóns aducidas son excusas para poder autorizar esta actividade”, sosteñen dende Equo-Galicia que veñen de solicitar formalmente á Consellería de Medio Ambiente os informes técnicos nos que se basea a decisión de autorizar as batidas.

“Dende a nosa formación política, entendemos que estas actividades non son prioritarias durante o estado de alarma, ademais de que a caza non pode ser un método aceptable como xeito de control da poboación de animais salvaxes xa que hai moitas formas non cruentas de protexer os campos e evitar os accidentes de tráfico”, defenden.