Home Programas Espazo Aberto Esixen responsabilidades políticas e dimisións polo peche do paridoiro de Verín

Esixen responsabilidades políticas e dimisións polo peche do paridoiro de Verín

0
Esixen responsabilidades políticas e dimisións polo peche do paridoiro de Verín

A Plataforma pola Sanidade Pública da Comarca de Monterrei esixe responsabilidades políticas á Xunta pola “incapacidade do Xerente de Ourense, Felix Rubial, de contratar pediatras, que agora vemos que os había.” A plataforma, en palabras da súa voceira Aurora Sola, tamén pide explicacións e responsabilidades á administración por cuestionar a valía dos profesionais do hospital de Verín

Sola tamén cre que os argumentos que mantiveron pechado o servizo “non son certos”: “o único argumento real é que foí unha decisión política pra incrementar o número de partos en Ourense é rentabilizar o hospital da cidade, deixando sen servizos a comarca de Verín.” Por todos estes motivos, dende a Plataforma esixen o cese do Xerente de Ourense.

Máis peticións de responsabilidades no Parlamento

Gonzalo Caballero esixiu unha rectificación do Presidente da Xunta e “celeridade” na reapertura dos servizos, no que considera “a primeira vitoria da maioría social progresista en 2020”.  Ana Pontón (BNG) pediu a dimisión de todos os responsables: “o primeiro que tiña que dimitir era Feijóo”. Luca Chao, do Grupo Común da Esquerda tamén pediu o cese do Conselleiro Vázquez Almuíña e Luis Villares, o do xerente Félix Ruibal.