Home Programas Espazo Aberto Esgotadas en menos dunha hora as prazas para as rutas guiadas a xacementos no marco da exposición ‘Galaicos’

Esgotadas en menos dunha hora as prazas para as rutas guiadas a xacementos no marco da exposición ‘Galaicos’

0
Esgotadas en menos dunha hora as prazas para as rutas guiadas a xacementos no marco da exposición ‘Galaicos’

Xa están pechadas as listas de inscrición para participar nas tres rutas guiadas aos xacementos arqueolóxicos de Castrolandín (Cuntis), Facho (Cangas) e Trega (A Guarda) no marco das actividades paralelas con motivo da exposición ‘Galaicos: Un pobo entre dous mundos’. En total ofertáronse 90 prazas, 30 por cada un dos percorridos, que na mañá deste luns se esgotaron en menos dunha hora.

Tres rutas entre decembro e xaneiro

A primeira das rutas terá lugar o sábado 14 de decembro e percorrerá o castro de Castrolandín, en Cuntis, a Fundación Terra Termarum Castrolandín e o xacemento da Lanzada.  Pola súa banda, o sábado 21 de decembro outro grupo coñecerá o xacemento do Facho, en Cangas, e posteriormente visitará á Vila Romana de Toralla, no concello de Vigo, da man do arqueólogo José Suárez. Finalmente, o sábado 11 de xaneiro, o historiador e arqueólogo Diego Piay acompañará ás persoas participantes da terceira ruta polo Castro de Santa Trega, pertencente ó concello da Guarda, e pola adega Terras Gauda, situada na zona do Rosal.

Estas tres rutas guiadas por xacementos arqueolóxicos da provincia forman parte das actividades complementarias da mostra ‘Galaicos: Un pobo entre dous mundos’ que se pode visitar no Museo de Pontevedra ata o 2 de febreiro do 2020.