O poeta cubano José Martí volve ocupar un lugar digno en Compostela. A escultura de Martí fora subtraída da rotonda do Castiñeiriño e aparecera, tempo despois, esnaquizada. Logo dun intenso traballo de restauración, o Concello quixo ubicar esta peza nun lugar privilexiado do emblemático parque Eugenio Granell.
Compostela homenaxea a José Martí, o apóstolo da independencia de Cuba pic.twitter.com/Vv9UlRMMH3
— Nós Televisión (@NosTelevision) 5 de diciembre de 2017
Figura esencial na historia de Cuba
O cónsul xeral de Cuba, José Antonio Solana, asistiu á cerimonia de reposición da escultura nunha sentida homenaxe a José Martí.
O prolífico escritor foi un dos principais teóricos e promotores da independencia de Cuba e, como lembrou Solana, inspirou a revolución executada por Fidel Castro e Ernesto ‘Che’ Guevara.
Un acto amenizado con música cubana
A cantante Jamila Purofilin amenizou o acto coa interpretación de tres pezas musicais vencelladas á cultura cubana. A homenaxe rematou ao son do clásico tema “Guantanamera”, inspirado nun poema de Martí.