A gran onda, realizada por máis de 40 ferreiros e ferreiras na Praza da Quintana no mes de xuño xa está colocada no seu destino definitivo: o Parque Eugenio Granell e Novo Milenio en dirección ás Pontes de Conxo. Na inauguración da escultura participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañados polos artistas Óscar Aldonza e Santiago Martínez, e os voceiros do PSOE e o PP, Paco Reyes e Agustín Hernández.

Marta Lois explicou o valor incalculable da obra que explica os oficios como a identidade da propia cidade a través do traballo colectivo
O artista Chago Martínez quixo deixar claro que na obra tamén participaron ferreiras no que foi unha “experiencia máxica”.. Polo seu lado, Óscar Aldonza parabenizouse de que se apostara pola xeración de patrimonio de maneira colectiva.
Na obra “Rios de Ferro” participaron 7 dos 10 mellores artistas do Estado, entre os que destaca o propio mestre forxador catalán Miquel Xirau.