Home Programas Espazo Aberto Esculca denuncia a “represión” que sufren activistas coma Emilio Cao

Esculca denuncia a “represión” que sufren activistas coma Emilio Cao

0
Esculca denuncia a “represión” que sufren activistas coma Emilio Cao

A condena de 5 anos e 8 meses de cárcere que pide a Fiscalía ao activista Emilio Cao, pola súa participación nas Marchas da Dignidade, é un asunto que segue latente debido á súa “gravidade”, ao tratarse dunha sanción “desmesurada”. Iso é o que denuncia Esculca, o Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades. Esta organización que loita pola defensa da liberdade de expresión considera que Cao é “vítima” dunha ondada de coacción aos movementos “contrarios ao sistema capitalista”.

É unha tendencia mundial

Segundo esta tendencia, o caso de Emilio Cao non sería, nin moito menos, illado, senón que formaría parte dun incremento da “persecución” a activistas e colectivos sociais e sindicais que se estaría dando non só dentro do Estado español, senón a escala mundial. Deste xeito, estaríase a establecer unha identificación de “persoas consideradas perigosas” como “vítimas” desta coacción.

Comportamentos que antes se encadraban dentro da liberdade de expresión, agora se tipifican como terrorismo

Máis apoios

Esculca súmase a unha considerábel campaña de solidariedade co activista galego, que xa obtivo o apoio de sindicatos como a CIG ou do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen considera que o activista sofre o “recorte de liberdades” que se está a producir en todo o Estado.