O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e o director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellaría de Economía, José Alfonso Marnotes, participaron esta mañá na clausura do Obradoiro de Emprego Ecorural Santiago no que traballaron 20 alumnos e alumnas durante seis meses. O actual edificio será a partir de maio un Centro de BTT.
.@MLoisgonzalez estivo hoxe na clausura do Obradoiro de Emprego Ecorural Santiago https://t.co/utqd0GAmzp pic.twitter.com/etHeCF6Mri
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 marzo 2017
O obradoiro tivo un orzamento de 220.000 euros, dos cales 50.000 foron achegados polo Concello de Santiago e o resto provén dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Contou con dúas especialidades: Operacións Auxiliares de Revistimentos Continuos de Construción, que realizaron as obras de Rehabilitación da Antiga Escola Unitaria, e Confección e Publicación de páxina web que crearon dúas webs sobre o Val de Santa Lucia e o Centro BTT Santiago.
Tamén estivo José Alfonso Marnotes, Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellaría de Economía https://t.co/utqd0GAmzp pic.twitter.com/dAbPzVSg3E
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 marzo 2017
Martiño Noriega salientou a importancia deste tipo de obradoiros e da participación veciñal no seu mantemento
O futuro Centro BTT ofrecerá toda a información para o coñecemento do medio rural e natural do Concello a través da práctica da bicicleta de montaña e do sendeirismo procurando sensibilizar e concienciar sobre o turismo sostible e respectuoso co medio. O Centro contará cunha páxina web que servirá de punto de información virtual das actividades e rutas no municipio.