Escepticismo en Raxoi ante os Orzamentos Xerais do Estado

“Antes de valorar os orzamentos do Estado, veremos se son aprobados e o seu grao de execución”

Martiño Noriega amosouse  escéptico ante a proposta de Orzamentos Xerais do Estado presentados onte no Congreso dos Deputados.

O alcalde acusou ao Goberno central de incumprir as súas promesas coa cidade e lembrouse, especialmente, da de destinar unha partida para a construción da rotonda de Conxo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
Para Rubén Cela os orzamentos son “decepcionantes”

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, realizou unha valoración inicial dos Orzamentos Xerais do Estado para Santiago de Compostela, que cualificou de “decepcionantes” porque revelan “o escaso peso político de Galiza e de Santiago de Compostela”.

Deste xeito, destacou “as ausencias de partidas para proxectos imprescindíbeis” como poden ser as obras de humanización e seguranza pendentes na rotonda de Conxo, pese ao compromiso de Fomento

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -