
O cofundador de Podemos e unha das caras máis visibles da formación lila, Íñigo Errejón, estivo hoxe en Compostela para impartir unha conferencia na Facultade de Ciencias Política da USC e apadriñar a súa última promoción de graduados. Ao remate da mesma atendeu a Nós Televisión sobre a situación do pacto Podemos-EU para as vindeiras eleccións municipais que tamén tería efecto en Galicia.
Na quenda de preguntas da súa conferencia “Crisis de hegemonía y horizonte político”, Errejón afirmou en relación ao debate federalista que “non todas as comunidades autónomas teñen as mesmas aspiracións”.
O actual secretario de Análise Estratéxica e Cambio Político de Podemos preguntado polo sistema de partidos políticos actuais dixo que “polo de agora é o menos malo que hai” e que “os problemas que hai nos partidos son os mesmos que hai nunha familia ou en calquera departamento dunha facultade”.