A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela organiza o primeiro certame de Ari(t)mar Galiza e Portugal o vindeiro 25 de outubro no Teatro Principal. A intención, como explica o seu director Gonzalo Constenla, é Difundir a música de Galicia e Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países.
O certame consta de catro categorías: mellor tema musical galego e en portugués, mellor poema galego e en portugués. A escolla foi feita polo público, galego e portugués, entre 10 poemas e cancións finalistas seleccionadas polo xurado do certame. A gala será presentado polos artistas Carlos Meixide e Isabel Risco tal e como explica a profesora Isabelle Kerdudo.
A retirada de billetes para asistir a esta gala na que actuarán os premiados é na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de luns a venres, de 09:00 a 20:00 horas, e no Teatro Principal de Santiago, de martes a sábado, de 18:00 a 21:00 horas. A entrada é libre até completar a capacidade da sala.