Entregan máis de 26.000 sinaturas contra o proxecto mineiro de O Pino e Touro

A Plataforma Veciñal Mina Touro –O Pino NON e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa veñen de rexistrar na Xunta de Galicia as máis de 26.000 sinaturas contrarias ao proxecto de megamina de cobre recollidas nas diferentes campañas informativas realizadas a pé de rúa nos últimos meses

Imaxe cedida

Nove meses máis tarde, a plataforma deu a luz a un movemento social masivo e cun berro unánimeque artella un traballo que abrangue tódalas vías posibles cunha clara mensaxe: non á mina. Charlas informativas, un documental que percorre Galicia,apoio de máis de 140 asociacións,rexeitamento de 33 concellos ata o momento, dúas deputacións (A Coruña e Pontevedra) e unha multitudinaria manifestaciónna que ducias de milleiros de persoas percorreron Santiago de Compostela na defensa do medio ambiente e de tecidos económicos como a gandería, o turismo e a pesca que se verían gravemente afectados

140 asociacións, 33 concellos, 2 Deputacións e decenas de milleiros de persoas manifestándose en Santiago de Compostela

Esta mañá, as plataformas Mina Touro –O Pino NON e en Defensa da Ría de Arousa volvían ao rexistro xeral da Xunta de Galicia para darlle entrada de 26.112 sinatura srecollidas nos últimos meses a pé de rúa nos numerosos actos, charlas informativas e proxeccións do documental “A ameaza do cobre” que se organizaron para darlle visibilidade ao movemento e informar á veciñanza sobre a gravidade do proxecto. É a confirmación do éxito dun movemento social transversal que conseguiu mobilizar e concienciará poboación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
Imaxe cedida

Isabel García, da Plataforma Veciñal Mina Touro –O Pino NON, pechou o acto de rexistro de sinaturas indicando que se está a solicitar a “resolución negativa inmediata do proxecto á vista dos informes sectoriais xa coñecidos”e asegurou que, de non producirse, “seguiremos desacreditando e comprometendo a viabilidade e legalidade do proxecto, sumando apoios e acudindo aos plenos de novos concellos e ao novo equipo do Goberno español”. Para sentenciar que as e os veciños están “dispostos a utilizar todos os medios e medidas que a lei nos dea parar este nefasto proxecto”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -