O alcalde entregou os premios aos establecementos gañadores do #Fotolingua. Os tres establecementos protagonistas das imaxes premiadas na segunda edición de #Fotolingua, un concurso que ten como obxectivo darlle visibilidade aos comercios que fan uso do galego, foron a Panadería O Cornecho, a Libraría Chan de Pólvora e o Ultramarinos Algalia.
Establecementos premiados
Panadería O Cornecho. Galeras
A primeira visita do alcalde foi na Panadería O Cornecho en Galeras. A fotografía foi publicada en Facebook por Sofía Aguirre, que non puido recibir o premio porque non respondeu á mensaxe da organización nos tres días que establecen as bases.
Ultramarinos Algalia
A segunda parada foi no Ultramarinos Algalia.
Martiño Noriega entregoulle tanto o premio do certame, unha cámara de fotos, como o distintivo para a súa tenda a Silvia Cristo.
Chan da Pólvora. San Pedro
A terceira e última parada foi na libraría Chan da Pólvora, na rúa de San Pedro, que protagoniza a imaxe publicada por Óscar Curros en Instagram, e que foi a que obtivo máis likes, concretamente un total de 250.
A organización de #Fotolingua tamén quixo facer unha mención especial a dúas persoas que participaron no concurso: Xaime Varela Sieiro, polas moitas imaxes tomadas na zona do Castiñeiriño e Pontepedriña; e a Chus Acivro, polo grande impacto nas redes alcanzado polas imaxes da súa tenda Acivro Xoias.