Fonte: Galizacontrainfo
” A Coruña, 19 de xuño de 2016 – Sivan Zerdesti é membro do Comité de Relación Exteriores do Conreso Nacional do Kurdistán.
Falamos con el aproveitando a súa presenza na Galiza, concretamente no espazo do Ateneo Libertario Xosé Tarrio da Coruña, onde se presentou a edición en español do 1º tomo de “Manifesto por unha civilización democrática”, obra escrita na prisión polo líder kurdo Adullah Öcalam, encarcerado polo estado turco desde o ano 1999.
Na entrevista tratamos diferentes temas como a situación actual de Rojava e do conflito en Siria, a loita revolucionaria das mulleres nas YPJ, a evolución do movemento de liberación kurdo cara o confederalismo democrático, o dereito de autodeterminación fóra do marco estado-nación e, por último, Zerdesti valorou o recente tratado Turquía-UE sobre as persoas refuxiadas.”