Home Programas Área Compostela O Ensanche compostelán terá tres días de festa lembrando os seus 55 anos de existencia

O Ensanche compostelán terá tres días de festa lembrando os seus 55 anos de existencia

0
O Ensanche compostelán terá tres días de festa lembrando os seus 55 anos de existencia

O Ensanche compostelán consolida a súa festa de lembranza do seu inicio como barrio na cidade. Co nome de “Máis de 55 anos vivindo o Ensanche”, esta celebración consolídase e amplíase a tres xornadas con múltiples activiades para todos os públicos.

Hoxe presentouse a programación no Pazo de Raxoi coa presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o presidente da Asociación de Veciños Raigame, Xaquín Mato; do secretario de Santiago Centro, Delmiro Prieto; e da presidenta de Em-Rede, Eva López.

Preme na imaxe para acceder ao programa de actividades

“O Ensanche ten vida”

O presidente da Asociación de Veciños Raigame, Xaquín Mato, agradeceu desde a humildade a cooperación de todos para que esta festa tivera lugar. Pola súa banda, Delmiro Prieto, secretario de Santiago Centro, explicou as actividades que atopará quen se achegue ao Ensanche os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro. Finalmente, a presidenta de Em-Rede, Eva López, salientou o éxito de acollida por parte do sector comercial nesta festa.

Ademais as festas do Ensanche contaran con exhibicións artísticas, xogos populares, mostras de baile ou pasarrúas con gaiteiros e charangas. Celebrarase o I Torneo de Xadrez do Ensanche, e a carpa da praza Roxa acollerá a actuación de Jorge Casal, o sábado a partir das dez da noite.