EnMarea levará ao Parlamento a expertos en lumes vetados polo PP

Os lumes de hai uns meses seguen activos. O voceiro de EnMarea no Parlamento, Luís Villares, acompañado pola deputada Paula Quinteiro e o deputado Davide Rodríguez, cargou contra a política de prevención e extinción de lumes do goberno de Alberto Núñez Feijóo a quen calificou de “incompetente”.

A formación de EnMarea presentará por todo o país a súa visión de como se atopa Galiza en materia neste tema e achegará propostas para a súa solución para rematar cunhas xornadas no propio Parlamento na que participarán expertos e expertas que no seu día foron vetados polo PP para dar a súa opinión na comisión de investigación.

Villares afirmou que a problemática dos lumes implica un “grande pacto polo territorio” que sume “a longo prazo” para solucionar este grave problema en clave de país.

- Publicidade -