O portavoz parlamentario de EnMarea, Luís Villares, compareceu en rolda de prensa xunto á deputada Eva Solla para salientar os principais problemas que ten o noso país neste inicio de ano. Villares foi moi crítico co goberno que preside Núñez Feijóo asegurando que a sociedade galega está a perder cada vez máis dereitos.

- Publicidade -

Villares sinalou que a súa formación pensa negociar os orzamentos sen esquecer que, entre outros, a cidadanía ten que recuperar eses dereitos perdidosao longo dos últimos anos. O portavoz de EnMarea deixou claras as tres prioridades de inicio para tratar no Parlamento galego.

En Marea céntrase na situación da sanidade pública galega

Eva Solla explicou na súa intervención que, logo de recibir numerosas queixas de familiares e pacientes, En Marea pensa denunciar a situación que viven as urxencias dos hospitais galegos e puxo como exemplo o de Ourense.

Preguntado polos medios de comunicación presentes na rolda de prensa Villares asegurou que na negociación dos orzamentos co PP pensa procurar “un sistema de financiación propio para o país que non ten porque coincidir cos que agora existen noutras comunidades autónomas”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego