O voceiro da Marea, @VillaresLuis, acusou esta mañá a Feijóo de provocar a "parálise absoluta" de Galicia pic.twitter.com/Jcy2whJ6z0
— Nós Televisión (@NosTelevision) July 3, 2017
Os conflitos no munco do ensino e o transporte e a situación da AP-9 centraron hoxe a intrevención do voceiro de EnMarea no Parlamento galego. Para Luís Villares o goberno de Feijóo ten unha “parálise absoluta” malia contar coa maioría absoluta.
Villares dedicou duras palabras para o presidente da Xunta ao tempo que anunciaba a presentación no Parlamento galego de medidads para “vertebrar o territorio”.
AP9
En relación á AP9, o voceiro de EnMarea insistiu que o obxectivo da súa formación é lograr a transferencia e recuperar para o público esta infraestrutura.