As enfermeiras galegas, agrupadas no colectivo SATSE-Galicia, protestaron esta mañá na Praza do Obradoiro contra os recortes e as malas condicións laborais ás que están sometidas. Esixen ao goberno galego en funcións que tome nota das súas demandas. A Concelleira de Políticas Sociais, diversidades e saúde, Concha Fernández, participou na concentración.