Home Programas Espazo Aberto Enfado monumental no Concello de Lugo ao anular a Xunta proxectos comprometidos coa cidade

Enfado monumental no Concello de Lugo ao anular a Xunta proxectos comprometidos coa cidade

0
Enfado monumental no Concello de Lugo ao anular a Xunta proxectos comprometidos coa cidade
Imaxe cedida polo Concello de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, desvelou este xoves que a Xunta de Galicia anulou recentemente o trámite imprescindible para poder crear no barrio da Residencia os servizos non sanitarios aos que se comprometeu coa veciñanza de Lugo no marco do plan integral que presentou hai máis dun ano para a revitalización da zona.

Mentiu a Xunta do PP aos lucenses dende o principio? É fume todo o que prometeu?

O Consello da Xunta aprobou a finais de maio deixar sen efecto os dous acordos que adoptara previamente para a retrocesión ao Estado de dous edificios do Vello Xeral, algo que resulta imprescindible para ampliar os usos do complexo. A data do acordo da Xunta, inciden desde o Concello de Lugo non resulta menor: en pleno debate da moción de censura que fixo caer ao goberno de Rajoy.

O que perde Lugo

Sen este paso, non pode construír alí a oficina de emprego, a planta de biomasa e o centro de emprendemento aeronáutico aos que se comprometeu con Lugo hai máis dun ano Feijóo, nin sería posible tampouco a comisaría que anunciou numerosas veces o PP.

Acordo da Xunta

 

A Xunta non ofrece explicacións

A alcaldesa da cidade, Lara Méndez, esixiu esta mañá explicacións á Xunta de Galicia: “Espero que despois de 7 anos de atraso en plantexar un plan para revitalizar o barrio non siga con mentiras e desprezos a Lugo”

Malia todo, desde Goberno local insisten que seguirán traballando “coa maior axilidade posible na parte que lle compete do plan da Residencia”. O convenio de colaboración coa Xunta está para firmar e o proxecto do centro de saúde está sendo avaliado polos técnicos municipais para a concesión da licenza de obra canto antes