As concelleiras de Facenda, María Rozas, e de Mocidade, Noa Morales, informaron en rolda de prensa no Pazo de Raxoi das propostas máis votadas dos orzamentos participativos de Mocidade, unha vez rematado o prazo para elixir as propostas. Este ano con máis retraso do que quererían segundo explicou a edil de Facenda.
Encontros, Cine, Lecer ou a Igualdade de Xénero nos Orzamentos Participativos Mocidade 2017.
A avaliación destas propostas correrá cargo dunha comisión composto polo Consello de Relacións Veciñais, con presenza política, de técnicos e da veciñanza.
1.726 persoas participaron no proceso de Compostela Decide deste ano, sendo a área rural a que máis participación acadou. Ao longo destes meses, dende xuño, 145 persoas participaron propoñendo, debatendo ou axudando a autorregular o proceso nos encontros do grupo motor.