Encontros abertos fronte o estigma e a invisibilidade bisexual

Avante LGTB organiza encontros abertos para dar visibilidade ás problemáticas das persoas bisexuais

Falamos con Hélio, de Avante LGTB, entidade que organiza encontros abertos para falar da visibilidade bisexual, co fin de analizar as experiencias individuais e reflexionar sobre a situación do colectivo. Haberá unha asamblea aberta en Compostela o mércores 25 e un café para compartir experiencias en Pontevedra o xoves 26.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Hélio xustifica a necesidade destas xornadas e do Día da Visibilidade Bisexual, xa que segue sendo un colectivo estigmatizado e invisibilizado: “As persoas bisexuais somos un pouco invisibles (…) Entre persoas heterosexuais, non somos heterosexuais”, en referencia a unha suposta indefinición da súa orientación sexual. “É unha saída do armario constante”.

Ademais, Hélio recoñece que “nos espazos LGTB tamén hai un certo estigma, sobre todo con lesbianas e gays”. Para Hélio, son relativamente habituais -malia que son “unha minoría”- comentarios obxectores da súa orientación: “Ti es un pouco hetero…”. Critica ese cuestionamento e reafirmación constante, lembrando que “ninguén ten que demostrar ser bisexual”.

Malia esta situación de invisibilidade e loita contra tópicos, desde Avante LGBT son optimistas con respecto ás novas xeracións e recoñecen que son as persoas adultas as que máis estigmas teñen coas bisexuais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -