O pasado xoves, o Goberno Central fixo pública a decisión de rexeitar a prórroga que o Goberno de Rajoy lle concedeu a ENCE en 2016. En vez de poder estar outros 60 anos no mesmo emplazamento como estaba previsto, a empresa podería ter que abandonar a zona pontevedresa de Luorizán, algo polo que a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra leva anos loitando.
Antón Masa, membro da Asociación, explica que xa nun primeiro momento, a de fai dous anos foi unha “concesión irregular“, porque a Lei de Costas dispón que o máximo tempo que pode durar a concesión son “75 anos dende o momento en chega á ría”, continua. Alén diso, tampouco se “xustificou o feito de que estivera que estar en dominio público”.
No referente ás declaracións do Presidente da Xunta, Alberno Núñez Feijóo, non compartiu a decisión do Goberno Central, e fixo alusión ás 80.000 familias que resultarían afectadas de pechar ENCE, unha “esaxeración” a ollos de Mesa. O membro da Asociación critica esta reacción, “cando se está falando de algo baseado en razóns técnicas e amparado xuridicamente”, explica, “e que ademais afecta a unha empresa e non ao Goberno Galego“.
Dende a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra aseguran que a actividade de ENCE é “o freo do desenvolvemento económico da comarca pontevedresa“. Os danos no tocante á explotación da ría mediante a pesca e o marisqueo, o propio turismo e o sector madereiro son áreas económicas afectadas pola contaminación e a sobreexplotación de eucalipto. Así, esta nova é ben recibida, aínda que tamén con cautela porque nada é seguro.