Home Espazo Aberto Medio ambiente ENCE enviou furgóns con megafonía para apagar a voz da Asociación pola Defensa da Ría

ENCE enviou furgóns con megafonía para apagar a voz da Asociación pola Defensa da Ría

0
ENCE enviou furgóns con megafonía para apagar a voz da Asociación pola Defensa da Ría

Milleiros de persoas participaron da Marcha contra as Celulosas que saía este domingo das Alamedas de Marín e Pontevedra para esixir a fin da concesión de ENCE na ría de Lourizán. No momento no que Antón Masa, da Asociación pola Defensa da Ría, lía o comunicado, unha serie de furgóns prenderon a megafonía con información promocional de ENCE para apagar as palabras de protesta en contra da pasteira, tal e como informa e recolle na súa reportaxe Galiza Contrainfo. Á mobilización asistían diversas organizacións medioambientais como Greenpeace Galicia, a Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON e APDR, entre outras.

A concesión que Ence tiña para situarse na ría de Pontevedra caducou no mes de xullo do 2018. O daquela goberno en funcións de Mariano Rajoy ampliara a prórroga 60 anos máis, algo que está pendente de recurso. Dende a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra sosteñen: “para o ano, ENCE non estará na ría”.