Home Programas Espazo Aberto EN VÍDEO | Tres mobilizacións defenderon onte o dereito a unhas pensións dignas

EN VÍDEO | Tres mobilizacións defenderon onte o dereito a unhas pensións dignas

0
EN VÍDEO | Tres mobilizacións defenderon onte o dereito a unhas pensións dignas

O bloco de sindicatos alternativos, conformados pola CUT, SF, SE, STEG, CGT e PROSAGAP, percorreron este xoves as rúas das cidades da Coruña, Compostela e Vigo para pedir unhas pensións dignas.

Esixiron a derrogación dos recortes nas pensións das reformas laborais de 2011 e 2013 “retornando á xubilación ordinaria aos 65 anos, á xubilación anticipada aos 61, con 30 anos de cotización, reducindo as penalizacións, eliminando o factor de sostinibilidade, garantindo a revalorización das pensións polo menos co IPC e establecendo unha pensión mínima de 1080 euros, entre outras medidas que as pensionistas están reivindicando con forza en Galicia e no conxunto do Estado”.