Ourense desmárcase da vangarda cultural ao ficar desertos este ano o Outono Fotográfico e o Festival de Cine Internacional de Ourense. Conversamos co presidente da Fundación Vicente Risco, Luís Martínez-Risco, quen lamenta que a Administración “non cumpre os compromisos con outras entidades”, mais bota tamén a culpa á falta de demanda de eventos culturais por parte da cidadanía.
As propostas culturais non enganchan á demanda actual
Martínez-Risco asegura que “salvo en honrosísimas excepcións, a xente non acode aos actos de cultura”. Para el, o problema é que a demanda actual non se axusta coa oferta, polo que moitas persoas, en especial a xente máis nova, considéranse excluídas da programación cultural.