“En negro contra a violencia” chegará a 15 concellos

Adhesións á campaña iniciada no 2015 polo Concello de Santiago

Os concellos da Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas súmanse este ano á campaña impulsada en 2015 dende Santiago para concienciar á sociedade sobre a lacra das violencias machistas co nome de Compostela en negro.

Compostela en negro. Fonte: www.uqui.net
Compostela en negro. Fonte: www.uqui.net

Análises sobre como erradicar as violencias machistas

Na mañá de hoxe participaron no Pazo de Raxoi ás concelleiras e concelleiros responsábeis das áreas de igualdade dos Concellos participantes. Nós Televisión quixo recoller as intervencións do Alcalde de Zas, Manuel Muíño, a concelleira de Educación e Igualdade de Ribadeo; Mariluz Álvarez e da Concelleira de igualdade de Pontevedra, Carme Fouces. Nas intervencións relatáronse diversas experiencias nestas localidades sibre como rematar coa lacra da violencia machista.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Haberá novidades nas vindeiras semanas

Nas vindeiras semanas concretaranse as diferentes actuacións mediante a sinatura dun protocolo na que estarán presentes os 15 concellos. Polo de agora, só no concello de Santiago xa amosaron o seu interese en participar ao redor de 300 comercios.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -