En Marea emitiu onte un comunicado no que rexeita a “represión que se está a exercer contra participantes” nas protestas solidarias co Escárnio.
Deste esta organización censuran a criminalización de ideas e a creación dunha alarma social para, entre outras cousas, impedir dereitos fundamentais como o de reunión, manifestación ou o da libre información.
O PP quere criminalizar a determinados colectivos e crear un clima de alarma que favoreza os seus intereses
Na mañá de onte, nun debate sobre vivenda e okupación Antón Sánchez, rexeitou as “cortinas de fume do PP” contra os colectivos sociais. “As únicas mafias da okupación son os especuladores e acaparadores de vivendas, e a Banca, que se apropia de inmobles mentres hai milleiros e milleiros de familias sen teito” afirmou o deputado de En Marea. Así foi parte da súa intervención: