Máis inversións para Santiago e menos recortes, esas dúas propostas serán as principais esixencias de En Marea no debate dos vindeiros orzamentos xerais do Estado para o vindeiro 2017. Explicárono aos medios de comunicación os deputados no Congreso por esta formación Antón Gómez Reino e Yolanda Díaz logo de manter un encontro no Pazo de Raxoi co alcalde da cidade, Martiño Noriega.
Yolanda Díaz apuntou os temas principais que traballarán no Congreso dos Deputados e que non só afectan a Santiago senón tamén a outros concellos galegos.
En Marea contra a “coalición encoberta” do PP e do PSOE
Antón Gómez Reino denunciou a actual situación de “coalición encoberta” que ao seu modo de ver existe agora mesmo no Congreso dos Deputados