O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto á concelleira de Facenda, María Rozas, presentaron en rolda de prensa as propostas do Concello de Santiago de cara aos Orzamentos da Xunta para o vindeiro 2017. Estiveron acompañados nesta rolda de prensa por Antón Sánchez e Luca Chao, deputado e deputada de En Marea.

- Publicidade -

Un orzamentos con “máis luces que sombras”

A edil de Facenda afirmou aos medios de comunicación que os Orzamentos presentados polo actual Goberno da Xunta teñen “máis sombras que luces” comezando polo non recoñecemento do gasto que supón para a cidade ser a capital do País.

Antón Sánchez, Martiño Noriega, Luca Chao e María Rozas
Antón Sánchez, Martiño Noriega, Luca Chao e María Rozas

Ademais sinalou como “insuficientes nulas” as achegas noutros apartados que considera importantes para Compostela.

Antón Sánchez, crítico dos Orzamentos da Xunta

O deputado de En Marea, Antón Sánchez, foi moi crítico con estes orzamentos asegurando que “non responden aos retos do País”.

En Marea presentou unha emenda á totalidade dos orzanentos presentados polo goberno de Feijóo propoñendo como alternativa o cálculo de 2.600 millons de euros como a contía necesaria, segundo sinalan, “para recuperar durante os vindeiros catro anos os dereitos sociais perdidos dende que goberna Feijóo”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego