A presenza de Pedro Sánchez e o seu executivo podería facilitar o diálogo coas demandas de En Marea no Congreso dos Deputados. Alomenos é a impresión que transmite o voceiro desta formación, Antón Gomez-Reino, que explica a Nós Televisión que coa chegada do PSOE ao goberno español están máis abertas as vías de diálogo.
Unha ‘axenda galega’
Este diálogo sitúase xusto cando se están a tratar os Orzamentos Xerais do Estado e En Marea quere incluir o que denominan “axenda galega”, aqueles temas que afectan de xeito directo ao noso país. Da axenda que trasladará En Marea ao executivo de Pedro Sánchez figuran temas como o traspaso da AP-9 e o futuro dos terreos do Porto da Coruña.
Unha das primeiras xuntanzas co goberno español será o vindeiro martes entre a deputada Yolanda Díaz e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet á que seguirá outra coa ministra de Facenda, María Jesús Montero.