O grupo parlamentario de En Marea rachou definitivamente. As diferenzas electorais entre En Marea e Podemos, avivadas co fracaso electoral do 26M, deixaban tocada a unha formación con poucos anos de vida ás súas costas. A escenificación da ruptura veu da man da escolla do senador por designación autonómica. Para o partido, a candidata era Mariló Candedo mentres que o grupo parlamentario escolleu a José Manuel Sande. O tira-puxa entre ambos grupos acabou rachando a corda cos unía.

- Publicidade -

Luís Villares e os seus deputados afíns, Davide Rodríguez, Paula Vázquez e Pancho Casal, pasarán ao Grupo Mixto. Ademais, Flora Miranda anuncia a súa dimisión ao considerar esta fractura como “un fracaso”. Miranda será substituída por Xan Xove, da Marea Atlántica. Esta baixada o barco, fai que En Marea deixe de levar o liderado da oposición que pasará a un PSOE en pleno ascenso.

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego