Home Programas Espazo Aberto En Marea lamenta que a Xunta non executase 132 millóns de euros en políticas de emprego

En Marea lamenta que a Xunta non executase 132 millóns de euros en políticas de emprego

0
En Marea lamenta que a Xunta non executase 132 millóns de euros en políticas de emprego

O voceiro de En Marea, Luís Villares, preguntou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, polos motivos polos que o Goberno galego deixou sen gastar 132 millóns de euros en políticas de emprego sen gastar pese a “traxedia laboral” que está a vivir Galicia desde a súa chegada á Presidencia.

O balance desde 2009 arroxa un saldo “preocupante e tráxico” con 140.000 ocupados menos e 63.000 desocupados máis tal e como denunciou esta mañá Luís Villares. Galicia é ademais a quinta comunidade onde máis emprego se destrúe e a segunda onde menos emprego se está a crear.