En Marea facilitará a creación de novas “mareas” municipais

O novo portavoz de En Marea, Luís Villares, compareceu en rolda de prensa en Santiago xunto ás viceportavoces da Coordinadora, Ana Seijas e e Victoria Esteban, para explicar como se desenvolverá o traballo orgánico e político desta formación.

Victoria Esteban, responsable da Área Orgánica, explicou o seu Plan de Traballo que consistirá na elaboración dun regulamento interno e a modificación do portal web para potenciar a transparencia da formación. Pola súa parte, a viceportavoz de Acción Política, Ana Seijas, explicou como se realizará o desenvolvemento territorial salientando a independencia que seguirán a ter as mareas actuais a nivel local e a facilitación da creación de novas noutros concellos onde aínda non teñen presenza.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Segundo explicou Luís Villares En Marea comezará o seu traballo sectorial con nove áreas nas que traballarán diferentes persoas especialistas e nas que tamén estrán presentes representantes das mareas locais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -