A cuestión da produción e consumo da electricidade en Galiza segue no punto de mira. En Marea denunciou este luns que o país exporta gran parte da luz producida a outras comunidades do Estado, mais paga unha das tarifas eléctricas máis caras: “Exportamos un de cada tres megavatios xerados aquí”, lamenta Antón Sánchez, vicevoceiro da formación.
Exportamos un de cada tres megavatios que se producen en Galiza
Dende o partido esixen ao Goberno central que exima ás e os galegos do novo incremento no recibo que se efectuará en setembro. Emporiso, En Marea avoga por dotar a Galiza duns “mecanismos tarifarios” que compensen o custo da luz para a cidadanía galega, tendo en conta o impacto ambiental que supoñen os parques eólicos ou as centrais térmicas. Para a formación, trátase dunha cuestión de “soberanía”.
Así e todo, Sánchez pide ao PSOE “coherencia” coas propostas que viña realizando nos últimos meses a respecto desta materia e insta á formación socialista a impulsar este tipo de medidas dende Moncloa.