En Marea esixe o peche do vertedoiro de Grixoa

A formación levará ao Pleno unha iniciativa para incluír na lexislación a obriga da "avaliación ambiental integrada ordinaria" para a apertura de calquera pranta de tratamento de residuos industriais

Antón Sánchez, vicevoceiro de En Marea, anunciou que se levará a Pleno unha proposición non de lei para modificar o devandito Plan de Xestión e, deste xeito, establecer “medidas vinculantes” para as empresas. Así e todo, o deputado lamentou que Galicia conte cunha conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, “a media xornada”, xa que “só dá desculpas” e “adica moito tempo á súa precampaña electoral na Coruña”.

O obxectivo desta proposta parlamentaria de En Marea, é rematar cunha situación de “incumprimento xeralizado” por parte das empresas e garantir a conservación da contorna ambiental

Piden o peche inmediato

Os numerosos incumprimentos da normativa que atesoura o vertedoiro de Grixoa é, para En Marea, “motivo suficiente” para o seu “peche inmediato”. A formación salienta que son moitas as empresas que, ao igual que acontece na canteira de Miramontes, estaríanse a saltar o Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia, polo que a resposta da Xunta debera ser “contundente”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Sánchez anunciou que En Marea levará a Pleno unha proposición non de lei para modificar o devandito Plan de Xestión e, deste xeito, establecer “medidas vinculantes” para as empresas. Así e todo, o deputado lamentou que Galicia conte cunha conselleira de Medio Ambiente “a media xornada”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -