A situación do Banco Pastor logo da compra do Banco Popular polo Banco Santander chegou ao Parlamento galego. O BNG e En Marea atacaron con dureza ao goberno galego por non “facer os deberes” na defensa do noso sistema bancario.
Ana Pontón, abriu a sú intervención culpando directamente a Feijóo da situación.
A voceira de @obloque, @anaponton pediulle responsabilidades a Feijóo polo desmantelamento do sector financeiro galego pic.twitter.com/migvb5mtDf
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 de junio de 2017
Luís Villares: “Feijóo é manso e mudo ante o gran eucaliptal en que convertiu o sistema financeiro galego”
O portavoz de En Marea, Luís Villares, tamén apuntalou a idea da mala actuación do goberno galego neste tema.
Feijóo é "manso e mudo" ante o "gran eucaliptal" en que se convertiu o sistema financeiro galego. Así falou hoxe @VillaresLuis no Parlamento pic.twitter.com/SSZ6QNobdk
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 de junio de 2017
Máis información:
-
Galicia Confidencial: En Marea e BNG critican a Feijóo por permitir que se regale a banca galega
Na quenda de resposta o presidente da Xunta limitouse a explicar que a situación bancaria galega actual é unha consecuencia da crise que viviu o noso país e o seu entorno. Na súa intervención o presidente da Xunta tamén presumiu de convencer ao Banco de Santander de manter a marca do Banco Pastor.
.@FeijooGalicia amosouse partidario de investigar "ata o final" o que aconteceu nas últimas semanas do Popular antes da súa compra pic.twitter.com/6E2unC2TGF
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 de junio de 2017