En Marea denuncia que a Fundación Francisco Franco siga a difundir o ideario do ditador

Luís Villares denuncia a continua exaltación do franquismo desta entidade, desta vez a través de Twitter

O portavoz de EnMarea, Luís Villares, sumouse ás críticas que se fixeron nas últimas horas logo de que a Fundación Francisco Franco puxera na súa conta de Twitter un discurso do ditador celebrando a súa vitoria do 1 de abril de 1939.

A Fundación Franco pode celebrar o triunfo de Franco na Guerra Civil ao mesmo tempo que encarcelan a tuiterios e músicos

Para Villares esta circunstancia non é de países democráticos e o goberno español debería actuar en consecuencia. Esta Fundación está moi activa nas redes sociais e na súa propia páxina web. Na actualidade continúa a realizar actos de exaltación do franquismo sen ningún tipo de problemas legais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -