Home Programas Espazo Aberto En Marea denuncia irregularidades na contratación dos helicópteros do 061

En Marea denuncia irregularidades na contratación dos helicópteros do 061

0
En Marea denuncia irregularidades na contratación dos helicópteros do 061

O contrato do servizo de transporte sanitario aéreo vence o vindeiro 1 de xullo, e a Xunta puxo en marcha nos últimos meses unha nova licitación por unha contía de 10 millóns de euros. Con todo, En Marea denunciou este mércores que os pregos do novo contrato “reducirán” a seguridade da tripulación e das persoas doentes. O voceiro da formación, Luís Villares, considera que haberá “menos esixencias” ás e os pilotos.

O “modus operandi” da Xunta na contratación destes servizos

Pola súa banda, a deputada Eva Solla salienta que a nova adxudicataria será, previsibelmente, unha empresa fundada recentemente por Luís Miñano. O empresario fora presidente de INAER, entidade que foi condenada ao pago de 9 millóns de euros por, entre outros delitos, evasión fiscal.

Todo isto prodúcese, como lembrou Solla, nun momento no que as e os traballadores do servizo de ambulancias están a protagonizar diferentes mobilizacións pola adxudicación “á baixa” da Xunta de Galicia. Denunciou tamén que a Xunta reduciu en 2014 as horas de voo dos helicópteros do 061, unha cuestión que insta a reverter.