En Marea defenderá no Pleno unha lei contra a pobreza enerxética

Máis de 200.000 fogares galegos vense afectados por esta situación de "extrema gravidade"

A pobreza enerxética é, para En Marea, unha situación de “extrema gravidade” no país. Segundo datos ofrecidos polo grupo parlamentario, “Galicia é o lugar de Europa onde máis se incrementaron as mortes en inverno”, o cal evidencia, baixo o criterio da OMS, que a meirande parte delas se produciron por mor da “pobreza enerxética”.

En Galicia morren máis de 400 persoas ao ano por pobreza enerxética

Este concepto emprégase para definir a todos aqueles fogares nos que o consumo de electricidade supera o 10% dos ingresos totais, polo que en Galicia habería máis de 300.000 persoas nesta situación —arredor de 230.000 fogares—. Emporiso, En Marea defenderá no vindeiro Pleno unha lei que garanta a fin da pobreza enerxética en tódolos fogares do país, unha medida para a cal se precisarían preto de 54 millóns de euros.

A proposta de En Marea permitiría a estes fogares exercer un “consumo máis sustentable” da luz, ao tempo que subvencionaría entre o 70 e o 100% do seu custo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego