A empresa multinacional Bosch lanzou un ERE temporal a semana pasada que deixará a máis de 800 empregadas de Vigo na rúa, prevendo unha baixada da demanda de traballo pola deslocalización de Vodafone.
Comisións Obreiras rexeita o expediente de regulación temporal de emprego (ERE) anunciado polo centro de chamadas Bosch para as súas instalacións de Vigo. O sindicato iniciou unha rolda de contactos cos diferentes partidos políticos para recabar o seu apoio. O primeiro dos encontros tivo lugar este luns con Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso.
As traballadoras afectadas, denuncian que se trata dun ERE non xustificado, que alude a “causas organizativas e non económicas”, como explica a deputada de En Marea Yolanda Díaz, “baseadas nunha posible perda de traballo“. Ademáis, fixeron referencia a como a actual lexislación permite esta clase de abusos por parte das multinacionais.
Dende En Marea, consideran isto parte dunha tendencia de empresas que veñen a Galicia “e fan con nós o que queren”, como comenta Yolanda Díaz. Pasou con Alcoa, con Citröen que agora se vai a Portugal, o con Poligal que se vai a Polonia. Algo parte dunha clara tendencia, e contra o cal presentaron unha proposición de lei a semana pasada que, entre outras cousas, inclúe unha obriga de permanencia no noso país que de non cumplila, terían que devolver os recursos percividos.
Ademais, fixeron referencia a que Bosch era unha das empresas “das cales presumían Conde e Feijóo“, que resultan ser unha “desgraza” consecuencia dun “mal facer na política”.