Home Programas Espazo Aberto En Marea chama á “mobilización masiva” na manifestación contra a mina de Touro

En Marea chama á “mobilización masiva” na manifestación contra a mina de Touro

0
En Marea chama á “mobilización masiva” na manifestación contra a mina de Touro

O vindeiro domingo 10 de xuño, Compostela clamará, en nome de todo o país, contra a mina de Touro-O Pino. Este mércores, o grupo parlamentario de En Marea quixo amosar o seu “apoio total” á manifestación convocada e fixo un chamamento a unha “mobilización masiva” da cidadanía galega.

Para o deputado Francisco Casal, as consecuencias medioambientais deste proxecto poderían supor un “novo Prestige. Así e todo, o vicevoceiro da formación, Antón Sánchez, lembrou que Augas de Galicia admitiu esta semana a contaminación das augas da contorna pola actuación da antiga mina, respondendo a unha petición de información do colectivo ecoloxista Adega.

A manifestación deste domingo comezará ás 12.00h na Alameda de Compostela

A manifestación deste domingo dará comezo ás 12.00 horas na Alameda compostelá e rematará na praza do Obradoiro. Este evento contará coa presenza de numerosos persoeiros do activismo, a cultura e a política galega, así como a veciñanza dos concellos de Touro e O Pino e as plataformas en defensa do medio ambiente que o convocan.