A coordinadora de En Marea non acepta a proposta de Compostela Aberta de adiantar a setembro a elección da nova dirección do espazo. Victoria Esteban e Ana Seijas, vicevoceiras da formación, xustificaron hoxe a decisión asegurando que suporía a instauración dunha “aristocracia política” para dirixir En Marea, volvendo ao sistema da “asemblea de partidos”.
Dende a “cúpula” de En Marea, a mensaxe segue a ser clara: “A decisión de adiantar o proceso electoral corresponde ao Plenario e ao Consello das Mareas”, matizou Seijas, garantindo que se celebrará en xaneiro e non en setembro, como pide Compostela Aberta.
As mareas municipais
Pola súa banda, Martiño Noriega asegura que a súa proposta contempla unicamente a creación dunha “mesa para a confluencia” cuxo obxectivo é “dialogar”. Neste novo espazo, cobrarían un peso importante as tres mareas municipais gobernantes. Dende a coordinadora consideran que esta proposta “discrimina” ás demais mareas, namentres Noriega desminte tales acusacións.