O pavillón do CEIP Apóstolo Santiago experimentará, 25 anos despois, unha “reforma integral”, segundo explicou o Concello. A edil de Deporte, Noa Morales, visitou este xoves o transcurso das obras, que se realizarán ao longo do verán “para evitar as molestias durante o curso educativo”. Para este proxecto destínase unha contía superior aos 200.000 euros.
O proxecto ten un orzamento de 200.000 euros
A nivel interior, realizaranse obras de saneamento nos vestiarios. Na pista de xogo, asemade, suprimiuse o muro que separa a pisa das bancadas para mellorar a accesibilidade, e ao longo das semanas repintaranse as liñas de xogo e dotarase do correspondente equipamento deportivo e mobiliario, como canastras de teito de dobre altura, porterías de fútbol sala/balonmán, bancos de suplentes e mesa de árbitros.
Por outra banda, o Concello informa de que as obras de mellora inclúen tamén a apertura de ocos de ventilación e iluminación nos almacéns e vestiarios, ademais da creación dun novo acceso ao pavillón pola fachada posterior que comunicará cos novos aseos.