O Secretario Xeral do PSdeG mantivo hoxe unha reunión co alto comisionado para a loita contra a pobreza infantil, Pau Marí-Klose, e con máis de trinta asociación galegas vinculadas á pobreza e á infancia. “En Galicia un de cada catro nenos están en situacións de risco de pobreza ou de pobreza extrema” foron as palabras que empregou Gonzalo Caballero para recalcar a importancia de poñer o foco das axendas políticas neste tema.
A pobreza infantil é un “tema de xusticia social”, como explicou Marí-Klose, e “compromete a posibilidade de que unha persoa saia adiante grazas ao seu esforzo e á súa intelixencia”. Tamén fixo alusión ao feito de que “invertimos moi pouco en infancia o que ten consecuencias que se reflexan nos indicadores como o fracaso escolar ou a obesidade infantil“, engadiu. Isto ven apoiado polo último informe da UE sobre o investimento de España para loitar contra a pobreza infantil.
Caballero reiterou que a desigualdade é algo que non minguou coa suposta recuperación económica. Asemade, sinalou o compromiso social do PSOE e do Presidente do Goberno e que a dereita “fallou” ao rexeitar uns Orzamentos Xerais tan volcados nas políticas sociais.