En folga contra a “lamentable” situación laboral do persoal sanitario dos PACs

Reivindican mellores condicións, máis persoal e denuncian trato desigual con outros departamentos do SERGAS

A situación dos Puntos de Atención Continuada, PACs, é lamentable. Na mañá de onte, o persoal estatutario das categorías de Medicina de Familia e de Enfermaría que traballan neles comezaron unha folga que continuará en dias alternos ata o 11 de novembro. Denuncian aumento de carga de traballo e que non se realicen as susbstitucións propias dos equipos que atenden os ambulatorios.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“en pé de guerra”

Ademais explican que non cobran as vacacións nin os días que piden para atender a unha urxencia posto que logo teñen que recuperalos. Outra das demandas é que se completen os equipos de persoal médico e de enfermería para que en cada PAC funcionen xuntos e non se dean casos en que un médico quede só atendendo a doentes.

A mobilización conta co apoio de varios sindicatos do sector que tamén estiveron presentes na concentración de hoxe diante da sede do SERGAS en Compostela. Entre os participantes numeroso persoal médico e de enfermería das catro provincias galegas.

Varios membros en representación do colectivo solicitaron unha reunión urxente co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para que dea unha pronta solución a este conflito que leva sobre a mesa máis de seis meses.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -